Inaugúrase a exposición ‘Caderno do mar’ na sala Domínguez Búa de Bueu
Dende hoxe ata o domingo 9 de agosto, a sala Domínguez Búa acolle unha exposición de Antón Sobral e Xaime toxo titulada Caderno do mar. Así, a inauguración será hoxe ás 20 horas cun acto inaugural que contará coa actuación do grupo musical Mardeafora e dun recital de poesía de Xaime Toxo e Antón Sobral.











