publicidade hoxe

Finaliza o prazo para solicitar as axudas de material escolar para curso 2015/2016 en Ribadumia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O Concello de Ribadumia recorda ós seus veciños que este mércores día 5 remata o prazo para presentar solicitude ás axudas de apoio á escolarización que convoca o Concello de Ribadumia.O requisito principal para poder acceder a esta axuda é estar empadroado en Ribadumia. Ademais, é imprescindible estar cursando estudos de segundo ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria ou Educación Secundaria; así coma non estar percibindo axudas polo mesmo concepto de outros organismos públicos ou privados.

Ademais, as persoas beneficiarias non poderán superar os límites de ingresos establecidos e teranse  en conta as hipotecas e os alugueres ata un máximo de 350€ mensuais.

Esta prestación, destinada a afrontar os gastos que xera a dotación de libros de texto (só para educación infantil), material escolar e vestiario, aporta unha contía de 80€en infantil e 70€ para Educación Primaria e Secundaria.

Os interesados terán que entregar a seguinte documentación nas oficinas de Servizos Sociais do Concello en horario de 09:00 a 14:00 horas, e poderán facelo ata o día 5 de agosto.

– Solicitudes (se recolle no Concello)

– DNI do solicitante e membros da unidade familiar, Certificado de Convivencia

– Xustificantes de ingresos de xaneiro a xuño do ano en curso e, Copia cotexada das Declaracións do IRPF, do exercicio económico anterior ou Certificacións negativas do IRPF de tódolos convivintes, sexan ou non membros computables.

-De ser o caso, recibo de Aluguer ou Xustificante do pago de emprésito para adquisición de vivenda habitual.

– Certificación bancaria do número de conta.

– Declaración das axudas recibidas polos mesmos conceptos.

– Factura do gasto realizado.  

3 de agosto de 2015 | 18:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.