publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Finaliza o IV Circuíto Leader Ribeira Sacra de carreiras populares

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Saviñao
A-
A+

Coa celebración o pasado 1 de agosto da IV carreira popular concello de O Saviñao, finalizou o IV Circuíto Leader Ribeira Sacra de carreiras populares 2015, do cal resultaron vencedores absolutos, na categoría feminina Sonia Vázquez Rodríguez de Taboada, e na categoría masculina Juan Antonio Gude Vila do Atletismo Monte Segade-Lugo. Dende o GDR Ribeira Sacra consideramos que o Circuíto Ribeira Sacra está xa consolidado no calendario de carreiras populares, a fidelización dos corredores ao Circuíto observase na permanencia no circuíto dos participantes en edicións anteriores, o que está a contribuír a manter o nivel de participación edición tras edición.

Ademais, a concesión do premio Premio “Galicia Saudable” a entidade de carácter público destacada no fomento e na promoción da actividade física e dos hábitos de vida activa, pola celebración do Circuito Leader Ribeira Sacra de carreiras populares 2014, supuxo un recoñecemento e respaldo a iniciativa posta en marcha polo GDR no 2012, que pretendía acadar varios obxectivos: – Aunar esforzos e cooperar entre os oito concellos que integran o GDR – Contribuír a organización de actividades de ocio no rural – Fomentar a actividade física e hábitos de vida saudable – Promocionar o territorio da Ribeira Sacra Obxectivos que despois de catro edicións, consideramos están acadados. Nesta cuarta edición, o número de participantes finais, so na categoría absoluta, ascendeu a 1251 corredores, dos cales o 35,97 %, 450, foron corredores locais (pertencentes a algún dos concellos do GDR Ribeira Sacra) e o 64,03 %, 801, son corredores de fora do territorio do GDR.

En relación as anteriores edicións do Circuíto Leader Ribeira Sacra, nas mesmas sete probas celebradas o número de participantes foron de 1344 (edición 2012), 1368 (edición 2013), 1369 (edición do 2014). Este descenso de participantes, aínda que reducido en relación ao descenso de participantes que se está observando nas carreiras populares, pode ter a súa orixe e xustificación polo continuo auxe de carreiras populares. O crecente aumento de carreiras populares, especialmente neste 2015, a coincidencia de probas da Ribeira sacra con outras carreiras populares esta a restar participantes de fora do territorio (cada vez teñen mais preto da casa unha carreira popular e por iso se despraza menos) como queda acreditado polo feito de que a porcentaxe de corredores de fora do territorio do GDR foi crecendo ate o 2014 e agora notase esa baixada de participantes na edición do 2015 (75,78 % de corredores “foráneos” no 2012, 76,59 % no 2013, 77,05 % no 2014 e o 64,03 %, no 2015)

Polo que respecta a entrega de premios do IV Circuíto Leader Ribeira Sacra de carreiras populares 2015, o GDR procederá a entregar os mesmos nun acto público que terá lugar a finais do mes de setembro, estando pendente de determinar a data e o lugar de celebración. Os premios que se entregaran serán para todos aqueles corredores que participaron cando menos en seis das sete probas, os tres primeiros clasificados de cada categoría, e o gañadores absolutos desta IV Edición, Sonia Vázquez Rodríguez e Juan Antonio Gude Vila.

5 de agosto de 2015 | 19:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.