Ferrol acollerá esta fin de semana a III Concentración de coches clásicos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrol
A-
A+

O sábado 8 de agosto preto de medio centenar de vehículos con máis de 25 anos de antigüidade, percorrerán as rúas de Ferrol na III Concentración de Coches clásicos, organizada pola Escudería Ferrol en colaboración co Concello, no marco do Plan de Dinamización do Comercio e Hostelería impulsado pola administración local.

Os participantes chegarán á explanada da Malata ás 11:00 horas e dende as once e media realizarán un percorrido pola cidade. Dende as doce do mediodía estarán aparcados nas rúas do centro do barrio da Magdalena de Ferrol. Ás dúas da tarde iniciarán de novo unha saída hacia a Malata, onde realizarán unha comida campestre.

Xa pola tarde, os autos clásicos desplazaranse ata Doniños e o campo da festa. Entre outros vehículos, haberá un Austin Seven do ano 1936.

A concelleira de Festas, Beatriz Sestayo, animou á cidadanía a presenciar este desfile de automóviles que se enmarca no obxectivo de poñer en marcha actividades que contribúan “á dinamización de Ferrol, nunha cidade que sen dúbida vai despertar, e na que entre todos e todas hai que apoiar a creación de emprego e riqueza”. 

Na rolda de prensa de presentación deste evento participaron tanto os representantes da Escudería Ferrol como do Centro Comercial Aberto A Magdalena. 

6 de agosto de 2015 | 19:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.