publicidade hoxe

Extinguido o lume rexistrado en Carballo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballo
A-
A+

A Consellería do Medio Rural e do Mar informa da extinción do lume forestal rexistrado no concello de Carballo, na parroquia de Noicela. O incendio quedou extinguido ás 15:44 horas de hoxe, tras comezar ás 02:53 horas desta madrugada. Segundo as últimas estimacións provisionais, afectou a unha superficie de 21 hectáreas, 13 delas de monte raso e o resto de arborado. Na súa extinción traballaron 3 axentes forestais, 7 brigadas, 5 motobombas e 1 pa.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

3 de agosto de 2015 | 16:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.