Extinguido o incendio que queimou máis de 70 hectáreas en Viana
Un incendio forestal que queimou máis de 70 hectáreas no concello ourensano de Viana, na parroquia de Pexeiros, quedou extinguido ás 19,31 horas deste luns. Segundo informa a Consellería de Medio Rural, a superficie calcinada é de 72 hectáreas. Previamente, o departamento deu conta da extinción doutro lume na capital da mesma provincia, na parroquia de Cudeiro, que arrasou unhas 55 hectáreas. Continúa activo, pero estabilizado, o que foi o primeiro grande incendio deste verán en Galicia, que devastou xa unhas 3.000 hectáreas no municipio de Cualedro.