Extinguido o incendio forestal de Cudeiro que afectou a 54,9 hectáreas rasas
O incendio forestal rexistrado na parroquia de Cudeiro, no municipio de Ourense, quedou extinguido ás 17,52 horas deste luns. As estimacións provisionais apuntan que a superficie afectada ascende a 54,9 hectáreas de superficie rasa, segundo confirmou a Consellería de Medio Rural no seu perfil de Twitter.
Dende a media noite permanecía controlado este lume forestal, no que traballaron un técnico, 14 axentes forestais, 30 brigadas, 21 motobombas, dous helicópteros e oito avións.











