Exposición “Galicia, conservando a natureza” en Alfoz
Desde o 4 ata o 31 de agosto permanecerá no Castelo de Castro de Ouro a exposición “GALICIA, CONSERVANDO A NATUREZA”.O CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia, en colaboración co Concello de Alfoz, móstranos a exposición didáctica itinerante “GALICIA, CONSERVANDO A NATUREZA”, unha exposición que nos amosará a diversidade e singularidade dos espazos naturais de Galicia.
O horario de apertira do Castelo de Castro de Ouro é o seguinte:
De LUNS a VENRES
De 17:00 a 21:00
SÁBADOS e DOMINGOS
De 11:00 a 14:00
De 17:00 a 21:00