Establécese o sentido único en varias rúas do centro de Vigo
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor do remate da obra de humanización nas rúas Ronda Don Bosco e María Berdiales, establécese sentido único nas rúas e treitos seguintes: PROGRESO, entre Ronda Don Bosco e Velázquez Moreno, cara a Velázquez Moreno. RONDA DON BOSCO, ente Joaquín Lóriga e Gil, cara a Gil. GIL, entre Ronda Don Bosco e Magallanes, cara a Magallanes, dende o 07/08/2015 ás 10:00 horas.











