publicidade hoxe

Dispositivo de vixilancia con motivo da Festa do Albariño en Cambados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambados
A-
A+

Só durante o fin de semana pasado máis de 160 condutores foron denunciados polos Gardas Civís do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra apoiados por compontes do Sector de Tráfico de Galicia, por conducir consumindo alcol ou drogas. Deles 6 por positivos a drogas e 161 por alcol. En total realizáronse 3.121 probas.

Estes datos enmárcanse dentro do Dispositivo Especial da Festa do Albariño que o Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra puxo en marcha durante a celebración deste evento.

No citado dispositivo especial, realizáronse 3.107 probas de  detección de alcoholemia e 161 condutores deron positivo, deles, 157 observados en controis preventivos, 1 tras cometer unha infracción, e 3 tras sufrir un accidente. Dos 161 condutores que deron positivo, a 148 denuncióuselles por vía administrativa, mentres que aos 13 restantes instruíronselles dilixencias para o seu posterior traslado á autoridade xudicial por superar a taxa de 0,60 mg/l en aire expirado.

No referente, ás drogas, realizáronse 14 probas de detección de drogas a condutores que presentaban algún síntoma de inxerir algunha sustancia, cometeran algunha infracción ou que se viron implicados nun accidente. Dos condutores sometidos ao test salival para comprobar a presenza no organismo de drogas, 6 resultaron positivas, é dicir o 42,8% do total, aos cales se lles formulou expediente denuncia por vía administrativa.

Como vén sendo habitual, entre as drogas máis consumidas están o cannabis (4 casos), a cocaína (2 casos). Ademais en 2 condutores detectouse policonsumo, é dicir, positivo a máis dunha sustancia. 

 Este incremento progresivo dos controis de drogas entre os condutores é consecuencia da alta porcentaxe de condutores que conducen con presenza de drogas e alcol ao volante. No último informe DRUID´13, o 12% dos condutores elixidos ao azar deron positivo en alcol e drogas por encima dos límites legais. 

CONTROIS DE VELOCIDADE

Ao mesmo tempo, este dispositivo especial reforzouse coa utilización de vehículos radar que denunciaron a 147 condutores que excederan os límites legais de velocidade establecidos.

3 de agosto de 2015 | 17:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.