Culleredo remodela o parque infantil da Senra

Traballos de remodelación
O plan específico de mellora da rede de parques infantís ten estes días un novo exemplo en Vilaboa. O Concello de Culleredo está a acometer as obras de remodelación do parque infantil da Senra, situado na parte de atrás da praza da igrexa de Vilaboa, unha das máis concorridas do núcleo.
O proxecto consiste principalmente na renovación do firme. Un novo chan de caucho incrementará de forma notable a seguridade. Trátase dun chan de caucho de tipo continuo, o que favorece a mobilidade dos usuarios e evita os problemas de acumulación de auga que se produce nos de baldosa. O seu aspecto, de varias cores, pretende ser acorde e atractivo para os pequenos.
Froito da actuación, o parque permanece nestes momentos valado. A previsión pasa porque os traballos poidan rematar nos próximos días e que os pequenos estreen o espazo.
En Sueiro, xunto ao centro social, e en Sésamo o Concello tamén realiza este plan de incremento da seguridade infantil nos xogos.
A este proxecto unirase a ampliación do parque infantil da Torre de Celas, un dos máis empregados no municipio ao formar parte da contorna da reitoral, onde cada semana veciños de Culleredo usan a casa para celebracións, proporcionada de forma gratuíta polo Concello. Este parque verá duplicada a súa superficie, ademais de recibir o novo firme de caucho.
Esta mesma actuación de incremento da superficie levará a cabo no parque infantil do paseo marítimo do Burgo, xunto á avenida Juan Carlos I.
O plan de melloras dos parques infantís, cun orzamento próximo aos 300.000 euros, xa foi executado en Castelo, xunto á capela de San Ramón, en Goiente, en Costa dá Lonxa e no paseo Tenro Galván.