Cuíña visita as obras de mellora no centro social de Muimenta

Visita ás obras
O alcalde de Lalín visitou as obras de mellora e acondicionamento do centro social de Muimenta. Neste espazo estase a adecuar a zona de reunións e realizar aseos no exterior. Na zona interior levantaranse os sanitarios, a carpintería de portas e ventás e a instalación eléctrica e demoleranse varios tabiques; na zona exterior será onde se constrúan os novos aseos coa apertura dun oco para a súa comunicación co interior do edificio. Está previsto que as actuacións conclúan no prazo aproximado dun mes.
Ademáis o Concello tamén actuará nos centros sociais de Losón e Lodeiro. O obxectivo destas actuacións de mellora é acondicionar estes espazos para adaptalos ás necesidades das veciñas e veciños das parroquias e facelos máis operativos.











