Cuíña establece contactos ao máximo nivel institucional en temas de interese para Lalín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+
Cuíña no xantar organizado por Aegama

Cuíña no xantar organizado por Aegama

O alcalde de Lalín segue a establecer contactos políticos e empresariais “ao máximo nivel” en asuntos de interese para o municipio. Rafael Cuíña participou esta semana no xantar organizado pola Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (Aegama), onde exerceu a representación institucional do Concello ante uns 300 convidados.

Cuíña tivo ocasión de compartir mesa e impresións sobre diferentes asuntos co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e co conselleiro de Industria, Francisco Conde. Entre outros temas de especial transcendencia para o futuro social e económico de Lalín, analizaron a “delicadísima” situación que está a atravesar o sector lácteo galego, especialmente preocupante para o concello e a comarca do Deza debido ao elevado peso que esta actividade produtiva ten na economía da zona. 

Ao mesmo tempo, o rexedor tamén tivo oportunidade de charlar cos presidentes dos empresarios galegos en Madrid, en México e en Miami.

 

6 de agosto de 2015 | 18:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.