publicidade hoxe

Controlado o incendio forestal rexistrado en Carballo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballo
A-
A+

A Consellería do Medio Rural e do Mar informa do control dun incendio forestal rexistrado no concello coruñés de Carballo, parroquia de Noicela. O lume iniciouse ás 02:53 horas desta madrugada e quedou controlado ás 08:45 horas da mañá. No seu control traballaron 3 axentes forestais, 6 brigadas, 4 motobombas e 1 pa. A superficie afectada, segundo estimacións provisionais, é de 21 hectáreas, das cales 13 son de monte raso e o resto de arborado. A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

3 de agosto de 2015 | 11:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.