publicidade hoxe

Conde destaca a aposta de Porto do Son pola economía verde permitíndolle aforros anuais de 30.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPorto do Son
A-
A+
Francisco Conde en Porto do Son

Francisco Conde en Porto do Son

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, salientou hoxe a aposta do Concello de Porto do Son por “unha economía verde” sustentada no aforro e na eficiencia enerxética e no emprego de fontes renovables. Unha aposta que lle está a permitir ao municipio obter aforros anuais próximos aos 30.000 euros.

Conde visitou as obras de mellora da iluminación pública realizadas o ano pasado. A actuación, levada a cabo grazas ao programa do Inega, terá continuidade este ano nas zonas de Boiro, Fieiro e A Amoreira. Grazas a esta liña, Porto do Son ten diminuído a súa factura eléctrica en 22.000 euros anuais, acadando ao mesmo tempo unha diminución nas emisións de CO2 de preto de 130 toneladas, o equivalente á plantación de máis de 6.300 árbores.

A este esforzo, salientou Conde, cabe engadirlle a aposta pola biomasa. Así, a través do programa para a implantación de caldeiras de biomasa, o municipio instalou o ano pasado un novo equipo no Edificio Multiusos de Portosín que permite aforrar 7.000 euros ao ano.

O titular de Economía e Industria estivo acompañado pola delegada territorial, Belén do Campo, polo alcalde de Porto do Son, José Luís Oujo, e polo rexedor de Noia, Miguel Ángel Paz, concello que tamén se ten beneficiado do programa de iluminación pública grazas á presentación dun proxecto conxunto con Porto do Son. Neste sentido, Conde resaltou a importancia da cooperación entre administracións para impulsar iniciativas como esta. “Porto do Son e Noia presentaron un proxecto conxunto que promove a colaboración entre os propios concellos, permitindo liberar fondos cara outro tipo de iniciativas”, incidiu.

Esta colaboración municipal esténdese a outros ámbitos como a industria ou o comercio. Neste sentido, nos últimos anos, a Consellería destinou 1,3 millóns de euros á mellora da competitividade comercial e empresarial de Vilamarín. Así, promovéronse proxectos de investimento empresarial que están a mobilizar máis de 5 millóns na mellora competitiva das pemes locais, e estase a impulsar o comercio de proximidade, coa do mercado tradicional como un patrimonio fundamental desta vila.

3 de agosto de 2015 | 17:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.