Concentración en Narón en repulsa do asasinato de dúas menores en Moraña

Minuto de silencio en Narón
A praza de Galicia de Narón acolleu hoxe, á unha do mediodía, unha concentración silenciosa para condear o crime de dúas menores, de 4 e 9 anos, en Moraña (Pontevedra), asasinadas o pasado venres día 31 de xullo, presuntamente polo seu pai, co que pasaban parte das súas vacacións de verán.
Representantes de todos os grupos da corporación local naronesa, funcionarios e persoal laboral gardaron dous minutos de silencio en lembranza das vítimas, Amaya e Candela, e como sinal de repulsa a este doble crime das dúas menores na citada localidade pontevedresa.











