Concentración de pretempada do Santiago Futsal en As Somozas
Santiago Futsal xa ten perfilada a segunda semana de pretempada. Tras superar os esixentes primeiros días de adestramentos, tanto de traballo físico como táctico, a próxima semana desprazarase ao municipio de As Somozas (A Coruña) onde realizará unha semana de concentración, do 10 ao 13 de Agosto. Os catro días de traballo no municipio coruñés finalizarán co encontro amistoso que os de Santi Valladares xogarán o xoves ante 5 Coruña FS (20 h, Pavillón Municipal Das somozas).
A expedición branca traballará nas instalacións do Complexo Deportivo As Somozas en dúas sesións diarias e hospedarase en Casa Amando.











