Concello, construtora e representantes veciñais analizan alternativas para o muro de Doade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+
O alcalde de Lalín na visita a Doade

O alcalde de Lalín na visita a Doade

O alcalde de Lalín visitou á parroquia de Doade, acompañado do concelleiro de Rural, de técnicos municipais e de membros da constructora Taboada e Ramos. O grupo encabezado por Rafael Cuíña mantivo un encontro co presidente da asociación de veciños para analizar a mellor alternativa para poder continuar coa obra do muro e evitar os problemas de seguridade que hai na zona e que se poderían incrementar coa época de choivas. O alcalde anunciou que o Concello, sempre de acordo coa postura dos técnicos e a opinión dos veciños, fará todo o posible para continuar e solventar as deficiencias dunha actuación que deseñou e autorizou o anterior goberno municipal.

31 de agosto de 2015 | 18:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.