publicidade hoxe

Centenares de moteiros e miles de afeccionados daranse cita na VIII Concentración de Curtis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCurtis
A-
A+

A Concentración Moteira de Curtis celebrará esta semana, desde este venres, día 7,  ao domingo 9, a súa oitava edición, que reunirá un ano máis a miles de afeccionados ás motos ao redor dun completo programa de actividades no que non faltarán rutas, acrobacias e música. 

A concentración, organizada polo Club Os Auténticos de Curtis en colaboración co Concello e a Deputación da Coruña, dará comezo ás 19.00 horas da tarde do venres coa inscrición de participantes, que se reunirán ás 22.00 ao redor dunha gran churrascada e unha discoteca móbil. A xornada do sábado, que empeza cunha ruta pola mañá, inclúe unha gran actuación ás 19.30 horas co show acrobático a cargo do equipo de AVCampos, recoñecido por situarse entre os mellores de ámbito internacional na disciplina do Stunt Riding, é dicir, do deporte espectáculo de piruetas e acrobacias con distintas motocicletas onde a concentración e destreza do piloto é fundamental. A organización espera que este espectáculo sexa visto por máis de 3.000 persoas. 

O domingo, os participantes reuniranse na Feira Tradicional de Curtis, e ás 16.00 horas, despois da entrega de premios, darase por finalizada a concentración. 

A inscrición, de 30 euros, dá dereito ás comidas durante os tres días e a participar en todas as actividades. 

5 de agosto de 2015 | 18:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.