publicidade hoxe

Castrelo de Miño celebra a popular Festa da Anguía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCastrelo de Miño
A-
A+
Rogelio Martínez na Festa da Anguía

Rogelio Martínez na Festa da Anguía

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, asistiu esta tarde ao acto de inauguración da Festa da Anguía de Barral, no concello de Castrelo de Miño. A anguía frita ou en empanada convértese durante tres días nun importante reclamo para numerosas persoas que en cada edición, e xa van 21, non desaproveitan a ocasión de degustar este prato. Esta cita gastronómica, que se prolongará ata o xoves, celébrase coincidindo coas festas patronais desta localidade ourensá na honra da Virxe das Neves.

4 de agosto de 2015 | 20:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.