Casares agradece a colaboración da dirección do Manuel Rivero para a Escola de Verán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+

O tenente de alcalde e concelleiro responsable da área de Benestar Social do Concello de Lalín, Nicolás González Casares, mostrou o seu “profundo agradecemento” ao persoal directivo do colexio Manuel Rivero pola súa colaboración na posta en marcha da Escola de Verán. O tenente de alcalde eloxiou a boa disposición amosada polo persoal directivo do centro para activar o proxecto, unha vez houbo constancia de que a actividade se ía desenvolver neste colexio.

González Casares incidiu en que o “este proxecto, que é un  modelo de integración, non podería porse a funcionar de xeito tan eficaz sen a boa e desinteresada disposición a colaborar da dirección e do persoal de mantemento do colexio”.

González Casares tamén quixo dar as grazas aos monitores que están xestionando as actividades da Escola. O proxecto de integración está en marcha dende o pasado día 3 de agosto e nel participan 55 nenas e nenos do municipio. As actividades docentes, deportivas e lúdicas, teñen lugar cada día dende as 09.00 horas e finalizan ás 15.00 horas logo dunha comida. A actividade ademais de garantir a alimentación variada e equilibrada dos menores de familias en sitaución de dificultade económica. 

6 de agosto de 2015 | 18:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.