Cachirulo entreterá aos máis cativos de Bueu co espectáculo ‘A figueira do demo’
Os máis pequenos terán outro martes de monicreques a cargo da compañía Cachirulo e o seu espectáculo A figueira do demo. A actividade será ás 21 horas na Praza Massó, trasladándose ao Centro Social do Mar en caso de mal tempo.
Espectáculo baseado na obra de Roberto Vidal Bolaño Romance dos Figos de Ouro. Uns fantoches de gran tamaño feitos en madeira lembran as imaxes do románico mesturadas con fortes expresións e unha evocación o mundo da infancia, e serán os encargados de contar esta historia cun soporte musical en directo que vai creando clima e cancións nos distintos cadros da peza.
A obra ten unha duración de 55 minutos e vai dirixido a nenos e nenas a partir de 5 anos.











