publicidade hoxe

Ares celebrará o 14 de agosto a edición número dezasete do Concurso de Castelos na area

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAres
A-
A+

O Concello de Ares, a través da área de Cultura e coa colaboración de Coca-Cola, organiza unha nova edición do Concurso de Castelos na area, que este ano chega á súa edición número dezasete. Esta actividade terá lugar o venres 14 de agosto a partires das once da mañá na praia do Xuncal (diante do parque municipal Rosalía de Castro).

As persoas interesadas en participar poden formalizar a súa inscripción ata o día 12 deste mes, mércores, na Alianza Aresana, en horario de 9.00 a 14.00 –de luns a venres-, ou chamando ao teléfono 981 448 057.

As bases establecen a posibilidade de participar dun xeito individual ou en grupos de non máis de tres persoas, puntualizando que os membros do grupo deben pertencer todos ao mesmo grupo de idade, agás na categoría familiar. Ditas categorías son as de menores de 7 anos, entre 7 e 11 anos, de 12 a 17,  e a categoría familiar.

O xurado, que estará composto por persoas elexidas ao azar que se atopen no lugar do concurso pero que non sexan participantes, que decidirán o único premio que se entregará por cada unha das categorías, aínda que as bases establecen que se poderá establecer algún accésit se o xurado o estimase oportuno no seu momento.

5 de agosto de 2015 | 18:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.