publicidade hoxe

Apertura do prazo de inscrición para a Escola de Fútbol Municipal para a tempada 2015/16

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

Este xoves día 6 de agosto, a área de deportes do concello do Carballiño abre o0 prazo de inscrición para a tempada 2015/2016. Este ano a escola municipal ofrece as categorías de iniciación, prebenxamíns a cota será de 115 euros, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil a cota base será de 138 euros.

Sobre estas taxas, a maior parte das familias veránse bonificadas cun desconto segundo a súa renda, é por isto que deberán achegar fotocopia da mesma non momento de matricular aos rapaces.

Os nenos de iniciación e prebenxamíns comezarán na disiciplina de fútbol sala, para despois, na categoría de benxamín, e se eles queren, poden pasar xa a futbol. No pasado ano foron máis de 250 rapaces os que participaron nesta escola deportiva do Carballiño, que conta ca colaboración dos equipos de Carballiño Futbol Sala e Arenteiro.

Todos os interesados en matricularse para a tempada 2015/16 deberán pasar pola área municipal de Deportes, sita na segunda planta do concello carballiñés, de luns a venres, en horario de 8:00 a 14:30.

5 de agosto de 2015 | 17:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.