AGE estima que uns 2.000 nenos e Lugo sofren carencias nutricionais e pide abrir comedores
O deputado de AGE Ramón Vázquez asegurou este xoves que “arredor” de 2.000 nenos residentes no Concello de Lugo sofren “carencias nutricionales”, polo que instou á Xunta a que abra os comedores escolares durante o período de verán. “Isto pode dar unha idea do mapa da situación no noso concello e, baseándose niso, cos servizos sociais, poderíase facer unha distribución, sendo a Xunta a titular dos centros educativos,” explicou, tras aclarar que baralla datos do Instituto Galego de Estatística e do Instituto Nacional de Estatística.
En concreto, o deputado de AGE apuntou que sería preciso abrir centros en tres zonas do municipio capitalino; na zona sur, no centro e na zona norte, aínda que “non terían que ser todos”.
Na súa intervención, Vázquez recordou que os populares asumiron no Parlamento o compromiso de abrir en verán os comedores, que foi trasladado á Xunta, aínda que “non o cumpre”.
Finalmente, Ramón Vázquez asegurou que “a metade das familias lucenses chegan co fin de mes con serias dificultades e practicamente un de cada tres nenos ten dificultades para acceder a unha alimentación apropiada que si garanten os comedores escolares”.











