publicidade hoxe

ACOE mostra o seu pésame pola morte do empresario David Pedreira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Estrada
A-
A+

A Asociación de Comerciantes da Estrada quere manifestar publicamente o seu pésame polo repentino falecemento do empresario David Pedreira, vinculado coa directiva de ACOE. En sinal de duelo, a oficina de ACOE permanecerá pechada hoxe e  mañá.

Carta de Alfredo González Otero, Presidente da ACOE:

É moi difícil escribir nestes intres, as ideas non existen na miña cabeza e as palabras saen aturuladas. O luns perdemos un gran amigo. Deiteime co llanto na almofada, entre vágoas , frustración, impotencia, dor e shock. Foron horas moi longas ata que non sei como………….,esperto de mañá cun sorriso na faciana, pensando que todo fora un pesadelo; despois de asearme e comprobar o meu teléfono, todo volveu a ser o pesádello co que me deitara a noite anterior.

Non podo presumir de coñecernos desde nenos, a nosa amizade comezouhai máis dunha década, cando formamos a dianteira do equipo de veteranos do Berres. Como el enchíase a marcar goles, as veces regalábame algún a min.

Eagora formábamos parte, coma se da familia se tratara;  da ACOE. Déixanos unha persoa ”con maiúsculas” emprendedora, organizada, idealista (de isto seguro riríase) e por suposto loitadora. Foi un orgullo poder traballar con el na ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES, loitou coma ninguén para que isto seguira indo para arriba e vai ser moi difícil continuar conelosen a súa compaña. Pero os directivos que compartimos esta responsabilidade non o defraudaremos e seguiremos mirando, si cabe máis aínda, coma el habería feito e fixo ata a última reunión.

O meu máis sentido pésame tamén en nome da ACOE, e o club do Deportivo de Berres de Veteranos.

É por último, só dicirche que detrás de ti imos todos….., un por un , e cando me toque a min non pararei hasta toparte e tomar esa caña que deixamos pendente e que me tocaba pagar a min.

D.E.P. Grandísimo compañeiro e mellor amigo.

 

4 de agosto de 2015 | 13:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.