publicidade hoxe

Acebe entrega os premios da campaña de verán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBetanzos
A-
A+
Entrega de premios

Entrega de premios

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos celebrou este mediodía a entrega dos premios da campaña CHEGA O VERÁN Ó COMERCIO DE BETANZOS, unha acción promocional que se desenvolveu entre o 16 e o 30 de xuño e que sorteou 1.500 € repartidos en oito premios que se poderán trocar nos establecementos asociados en ACEBE CCA a través de cartóns regalo.

Os afortunados no sorteo foron os seguintes: Raquel Vázquez Naya, que obtivo o boleto agraciado co primeiro premio e dotado con 500 € no establecemento Administración de Lotarías O Globo. Dos dous segundos premios, de 250 € cada un, só se reclamou un que foi para Antonio Pérez Casas, que obtivo o boleto gañador en Asesoría Ríos Crespo e Carro. Por último, dos cinco terceiros premios dotados con 100 € cada un, unicamente foron reclamados os que se entregaron a Otilia Rivera Diéguez, a Ana Acción Veiga e Paloma Añón Ramallo que obtiveron os boletos premiados en Gadis, Metamorfose e Natur House respectivamente.

No acto de entrega, celebrado na sede de ACEBE CCA, a presidenta da asociación Antonia Anido Díaz fixo entrega dos cheques aos premiados e aproveitou para agradecer a confianza tanto dos premiados como de todos os clientes e asociados que participaron na acción promocional ademais de agradecer o apoio de institucións e colaboradores.  Anido estivo acompañada no acto pola Concelleira de Comercio, Mónica Carneiro, así como por Atilano Fernández, en representación de Gadisa e polos representantes dos establecementos que repartiron os premios.

Os gañadores poderán trocar o premio en calquera dos preto de 200 establecementos comerciais ou empresas pertencentes á ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES E EMPRESARIOS DE BETANZOS. O directorio de asociados é público e está dispoñible na páxina web da asociación www.comerciodebetanzos.com.

5 de agosto de 2015 | 19:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.