Abanca ofrece un servizo de financiamento para o abono do Rio Natura Monbus Obradoiro
Como cada ano, coa posta en marcha da Campaña de Abonados 2015-16 do Rio Natura Monbus Obradoiro, ABANCA, membro do Club de Empresas Obradoiro, pensou en todos os afeccionados ofrecendo a posibilidade de financiar o abono até en tres anos. O clube quere que os seus afeccionados poidan acompañar ao Rio Natura Monbus en #ocamiñodailusion pola liga Endesa sen que isto supoña un problema económico. E por iso financia a través da entidade bancaria até o 100% do seu abono por un prazo máximo de 36 meses.
O financiamento poderase realizar entre 3 e 36 meses, a partir dunha cota mínima de 20 euros, e é válida tanto para os abonos como para as doazóns para ser Amigo da Fundación Heracles. Grazas ao convenio entre a Fundación Heracles e o Rio Natura Monbus Obradoiro, o abono pode saír gratis durante o próximas tres tempadas. Ademais, ser Amigo da Fundación Heracles achega outras vantaxes como, por exemplo, invitacións gratuítas, transporte para a Copa do Rei 2016 ou non subida do prezo do abono.
Desta forma os abonados poderán pagar o seu abono dunha forma máis cómoda, e sen esquecer outros descontos dispoñibles, como o 10% por renovar ou o 30% se aínda se dispón do desconto de accionista. Tamén outros como o 5% para antigos abonados; o 10% se traen a un amigo, co 5% para o novo abonado, ou os prezos reducidos para maiores de 65 anos, federados baloncestísticos, menores de 18 ou estudantes menores de 25 anos.
Para ampliar a información pode dirixirse ás oficinas do club (Multiusos Fontes do Sar – Rúa Diego Bernal s/n) en horario de luns a venres de 10 a 14 horas e de 17 a 20 horas. Tamén a través do correo electrónico do club abonados@obradoirocab.com.











