Abanca e o CRDO Rías Baixas alíanse para facilitar o financiamento ao sector vinícola

Sinatura do convenio
ABANCA e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas impulsan a súa colaboración e se alían para facilitan o crédito ás adegas da provincia de Pontevedra e A Coruña. Ambas as entidades inician unha colaboración para crear un catálogo de produtos específico para o sector vinícola.
Na presentación participaron o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, Juan Gil de Araujo González de Careaga, e o director de Banca Agro e Mar de ABANCA, Jesús Combarro Pereira.
O texto acordado senta as bases para tratar de atallar as principais preocupacións ás que teñen que facer fronte as adegas. Desta maneira, as empresas que pertencen a esta denominación de orixe poden optar a unha póliza de crédito cun prazo de até cinco anos que permite atender as esixencias da Lei 12/2013 en materia de cadea alimentaria. Esta regulación esixe pagos nun prazo máximo de 30 días e, con este produto as adegas poden facer fronte ao pago da uva aos viticultores dunha maneira flexible.
A posta en marcha destas iniciativas por parte de ABANCA circunscríbese no decisivo apoio que a entidade financeira presta ao sector vinícola no inicio da campaña. Desta maneira, ofrécese a adegas un financiamento flexible e competitivo que responde as necesidades de crédito.











