publicidade hoxe

A última edición de Saldomarín resultou un gran éxito de vendas e público

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarín
A-
A+

Tras valorar os resultados desta IX Edición do SALDOMARÍN, podemos afirmar que o balance foi positivo xa que se igualaron os resultados da edición anterior. Durante os tres días do evento, o goteo de xente que visitou a carpa foi continuo sendo fiel reflexo disto as constantes aglomeracións que se viviron no interior da mesma en moitos momentos. Os prezos atractivos dos distintos artigos que se puxeron á venda, así como as condicións metereolóxicas favorables para gozar do acto de compra do venres e domingo, axudaron en gran medida a acadar este éxito de visitantes.

Debido a este éxito de público e de vendas, xa temos confirmada a participación da práctica totalidade de expositores na próxima edición, fiel reflexo de que o evento funciona, convertíndose así o SALDOMARÍN, nunha referencia en toda a provincia. Comentar tamén que houbo peticións, durante o fin de semana, para poder participar na próxima edición de establecementos comerciais que visitaron a carpa e comprobaron in-situ, que o SALDOMARÍN é unha fórmula estupenda de darlle saída aos stocks que se acumulan.

Dende a asociación queremos agradecer especialmente a colaboración do Concello, permitíndonos instalar a montaxe da carpa na Alameda o que contribuíu en gran medida ao éxito do evento. Por parte da asociación, respectamos en todo o momento o empedrado, xa que utlizamos un sistema de contrapesos o que evitou unha anclaxe que perxudicaría o pavimento. Comentar tamén, que para a vindeira edición, que se celebrará do 5 ao 7 de agosto de 2016, ímoslle solicitar ao concello que non faga coincidir co Saldomarín a celebración da carreira +10 Marín, xa que consideramos que son dous eventos que teñen a envergadura suficiente, para non facelos coincidir en tempo e espacio.

Dende Estrela de Marín, agradecemos tamén a colaboración e dilixencia da Policía Local e Nacional que se deixaron ver con frecuencia polas instalacións así como o persoal do Servizo de Limpeza Municipal que mantivo as inmediacións e o pasillo central da carpa en perfectas condicións.

Agradecer tamén o apoio da Xunta de Galicia, a colaboración de La Caixa e á Deputación de Pontevedra que a través do seu Plan Cultural, nós aportase as actividades para os máis cativos, as cales contribuiron a xerar un gran ambiente.

6 de agosto de 2015 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.