A sala Domínguez Búa énchese de poesía e pintura con “Cadernos do mar”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+
Inauguración da mostra

Inauguración da mostra

Os que desexen ver unha mostra de pintura mesturada con literatura poderán visitar a exposición “Caderno do mar”, que desde onte ata o  9 de agosto estará na sala Domínguez Búa ensinando unha pequena cata dun proxecto que naceu como unha unión entre poesía e pintura, coa presenza do mar como elemento esencial e catalizador da exposición.

No acto de inauguración que tivo lugar onte ás 20 horas, o grupo marinense Mardefora puxo a música que foi alternando co recital de varios textos de prosa e poesía da man de Francisco Rodríguez Pastoriza, Antón Sobral e Xaime Toxo. No acto tamén estivo presente Carlos Eirea, concelleiro de cultura, quen agradeceu que estes eventos sexan posibles e falou do Concello de Bueu coma “un facilitador de que certos actos teñan lugar na nosa vila”. Así mesmo, os participantes mostráronse satisfeitos coa gran afluencia, que encheu a sala de Turismo ata quedarse esta pequena. 

4 de agosto de 2015 | 13:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.