A Praia da Cabana volve ser apta para o baño tras acabar o episodio de contaminación microbiolóxica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A praia da Cabana volve ser apta para o baño, tras a finalización do episodio de contaminación microbiolóxica, segundo recolle a última análise de augas realizada e comunicada ao Concello de Ferrol pola Xunta de Galicia.

Na análise atopáronse menos de 1500 NMP en 100 ml. de entrecocos intstinais e menos de 1500 NPM/100 ml. De Escherichia Coli, uns niveis de microorganismos que son aceptables polo que non supoñen un risco para a saúde dos bañistas.

De todos os xeitos, manterase o cartel coa cualificación sanitaria final da auga de baño na praia da Cabana. 

6 de agosto de 2015 | 19:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.