publicidade hoxe

A parroquia de Neiras celebra as festas na honra a San Salvador o 8 e 9 de agosto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Goberno local do Concello de Sober colabora coas Festas na honra a San Salvador que terán lugar en Neiras o sábado día 8 e o domingo día 9 de agosto. O sábado pola mañá haberá un pasarrúas a cargo do grupo de gaitas de Verea. Ás 13:30 horas haberá misa solemne con procesión e a partir das 21:00 horas festa e verbena amenizada pola Orquestra Los Príncipes.

O domingo día 9 haberá misa solemne con procesión ás 13:30 horas e a partir das 21:00 horas festa e verbena a cargo dunha agrupación musical. O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, anima a todos os veciños e veciñas e aos que se atopen de visita na localidade a desfrutar da celebración.

 

6 de agosto de 2015 | 18:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.