A parroquia de Lesta celebra as festas na honra de San Ramón este domingo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdes
A-
A+

A parroquia de Lesta prepárase un ano máis para honrar a figura de San Ramón. De cara a este vindeiro domingo, 9 de agosto, celebrarase a tradicional festa que contará con misa solemne ás 13.30 horas, seguida de sesión vermú a cargo da orquestra Zeltia. Xa pola noite esta mesma formación volverá subir ao escenario, momento no que tamén haberá un espectáculo de fogos de artificio.

Unha vez máis o Concello de Ordes colabora cos organizadores desta celebración, que cada ano congrega a un gran número de veciños, veciñas e visitantes, e que xa se sitúa dende hai tempo entre as máis importantes da zona.

7 de agosto de 2015 | 12:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.