A parroquia de Buscás honra a San Agustín e á Virxe do Carme

Procesión en Buscás
A parroquia de Buscás volveuse a vestir de festa esta pasada fin de semana. Tanto o sábado como o domingo as bombas de palenque e o son das orquestras fixéronse oír na honra a San Agustín e a Virxe do Carme, respectivamente. Procesións, misas, baile e diversións foron algunhas das actividades das que deron boa conta non só os veciños e veciñas da zona, senón tamén moitos visitantes que non deixaron pasar por alto ambas datas.











