A historia da novela popular do século XIX ao XX condénsase nunha mostra na Biblioteca Municipal de Ferrol
O terceiro andar da Biblioteca Municipal de Ferrol, acolle desde este xoves a mostra ‘A novela popular en España 1840-1960‘, que se compón de 255 valiosas pezas con fondos do século XIX ao XX que proceden do propio arquivo local da biblioteca da cidade (XIX), da Biblioteca Municipal de Salamanca (XX) e da Colección Guillermo Escrigas.
Da apertura desta exposición deuse conta hoxe nunha rolda de prensa na que participaron o concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea, e Beatriz Liz, documentalista.
Basterrechea, que se confesou “asiduo consumidor” das novelas curtas de indios e vaqueiros que firmaba Lafuente Estefanía, aplaudiu o gran traballo que esta literatura fixo para achegar a paixón polas letras as clases populares, con mais de seis millóns de exemplares.
A través das vitrinas xa acomodadas no terceiro andar pódese facer un repaso completo da historia da novela popular desde a chamada literatura de cordel, aos cartóns de cego, a novela folletín, de ‘a duro’, por entregas, ata as gráficas, precursoras do cómic.
De forma complementaria, na sala audiovisual proxectarase a longametraxe documental dirixida por José Ballesta: “Marcial Lafuente Estefanía. Galicia máis Oeste que nunca”. Trátase dun traballo de Furancho Films do 2014 e de 97 minutos de duración que repasa a traxectoria vital e profesional do popular autor de novelas do Oeste, que comenzou a súa carreira na editorial Cíes de Vigo nos anos 40.
Ante a cámara desfilan os nomes propios de Fernando Savater, Eduardo Mendicutti Francisco Ledesma e mesmo o fillo de Lafuente Estefanía, que interveñen na cinta para repasar a traxectoria vital e profesional do que está considerado o pai do primeiro western galego: ‘ Naipe de Sangue’.
O Bibilioteca Municipal de Ferrol suma na actualidade mais de 26.000 socios. Basterrecha agradeceu hoxe públicamente o traballo do seu personal, que fai posible o bo funcionamiento da mesma -exposicións, ciclos, conversas en línguas, coloquios poéticos…- como “ferramenta central da política cultural da cidade”.
HORARIOS
A mostra ‘A novela popular en España’ estará aberta ao público na Sala Audiovisual e de Exposicións do terceiro andar da Biblioteca Municipal da Praza de España ata o 30 de outubro. Horario de luns a venres: de 9.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas. As proxeccións do documental de Estefanía terán lugar en horario de mañá de 11.30 a 13.00 h e de tarde de 18.00 a 19.30 horas.











