publicidade hoxe

A gastronomía de altura achegase a Festa do Pulpo do Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

O Carballiño entra na recta final da Festa do Pulpo, adicando estes ultimos días a gastronomía, ca presenza de cociñeiros de reconñecido prestixio, que acheagnse a vila do Orcellón para tratar o prato estrela, o polbo.

Así o cociñeiro ourensan de fama internacional Flavio Morganti, ofrecerá un showcooking na praza das galiñas, este venres dende as 19:00 horas. Antes, o xoves, as 20:00 horas, serán os cocktails os que gañen protagonismo con Guillermo Ganzález, subcampeón de europa en servicios de restauración e bar.

Con estas actividades se abre boca para o gran día, o domingo, no que O Carballiño e máis en concreto o Parque Municipal, atraerán a miles de ocmensales para desfrutar do pulpo a feira do Carballiño. Uns o faran nos restaurantes e minibares instalados para ese día, e outros, os que tiveron a iniciativa de adquirir as entradas, no recinto oficial. Neste senso a organización asegura que son poucas as entradas que quedan a día de hoxe, e que polo tanto, son poucas as oportnidades para poder xantar nese recinto oficial.

Pero toda romaría gastronómica se caracteriza por estar acompaña e amnizada pola música, aderezo qu enon faltará estos días en O Carballiño co ciclo de Música de Sofá, nas prazas da Constitución, Curros Enríquez e Praza Maior, así como co festival folclórico da Festa do Pulpo, o domingo, con agrupacións de toda galicia.

6 de agosto de 2015 | 19:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.