A Garda Civil detén a un veciño de Bueu por tenencia de 32 dose de cocaína e 165 euros
A Garda Civil detivo a un home de 26 anos, veciño de Bueu (Pontevedra), en Cangas do Morrazo (Pontevedra), cando portaba 32 dose de cocaína e 165 euros, que podía portar para venda das mesmas polo miúdo na localidade. O servizo tivo lugar o pasado día 01 de agosto de 2015 enmarcado nun dispositivo de prevención do tráfico e consumo de drogas nas inmediacións das zonas de lecer da localidade con motivo das festas de Aldán.
Os axentes deron o alto a un turismo que circulaba pola estrada PO-315, procedendo á identificación dos dous ocupantes do mesmo, intervindo ao condutor unha bolsiña transparente dentro da cal portaba 11 envoltorios, sumando un total de 32 doses preparadas para a súa venda e consumo procedéndose á súa detención como presunto autor dun delito de tráfico de drogas.











