A edil de Benestar Social de Ferrol reúnese coa nova directiva de AFAL

Sestayo na reunión coa directiva de Afal
A concelleira de Benestar Social, Muller e Festas, Beatriz Sestayo, mantivo unha reunión no Concello de Ferrol coa nova directiva da Asociación de familiares de persoas con Alzheimer, AFAL.
Tanto a concelleira como AFAL manifestaron que comparten a necesidade de eliminar o copago na atención de persoas maiores e dependentes, ante “a inxustiza” que se produce, onde “a Xunta está incrementando as tarifas” e provocando que ou ben reascia no usuario ou ben provoque a renuncia ao servizo, explicou Sestayo.
Dende o Concello apoiarase ademais a conmemoración o próximo día 21 de setembro do Día Mundial do Alzheimer.











