A Deputación de Pontevedra impulsa nas Rías Baixas a cultura, o deporte, a gastronomía e a enoloxía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O venres, 28 de agosto, a deputada provincial de xuventude, Digna Rivas, asiste á entrega de diplomas do programa “Pensa en ti” na Escola de Ribeira no lugar de O Pazo, A Estrada. “Pensa en ti” trátase dun programa dirixido a mellorar a formación básica das mulleres, promovendo espazos de encontro e intercambio de experiencias, así como a facilitar a súa incorporación ó mercado laboral.

O 29 de agosto o deputado Xosé Leal asistiu á presentación do festival da Asociación Folclórica Cultural Solaina na Casa de Cultura de Berducedo (Moaña) así como participou no pregón das Festas do Cristo de Cangas.

Velada de humor e maxia galega 

Pola súa parte, o deputado Javier Dios acudiu ata Valga para asistir ós actos da XXV Festa da Anguía e Mostra da Caña do País, declarada de interese turístico galego, onde entregou o 1º Premio de Herbas no concurso “Caña do País”.

Para pechar a xornada do sábado, Javier Dios participou na velada de humor e maxia galega “Entre viñedos e camelias” que tivo lugar no Pazo de Rubianes de Vilagarcía de Arousa.

O domingo 30 de agosto, pola mañá, a deputada Chelo Besada recibiu ás nenas e nenos que se incorporan nunha nova quenda dos campamentos de verán de A Lanzada.

LVI Festa do Viño do Condado de Tea

Pola súa parte, os deputados Digna Rivas e Javier Dios asistiron á LVI Festa do Viño do Condado de Tea celebrada no recinto amurallado de Salvaterra de Miño.

A deputada provincial Montse Magallanes participou na entrega de trofeos da final da Copa Galicia de balonmán feminina no Pavillón municipal de A Sangriña en A Guarda.

O deputado provincial Santos Héctor Rodríguez asistiu no parque forestal de Cotogrande (Becerreira, Cabral, Vigo) á XXIX Romaría do Pan de Millo.

Para pechar a xornada, a deputada provincial Chelo Besada, participou na clausura e entrega de trofeos da XIX Regata Hotel Galatea-Trofeo Pescamar celebrada no Hotel Galatea de Sanxenxo.

31 de agosto de 2015 | 17:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.