A Deputación de Ourense mostra a repulsa absoluta á decisión da ACB de non inscribir ao COB na Liga 2015-2016
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, expresou hoxe “a repulsa absoluta e o rexeitamento máis contundente” á decisión adoptada pola ACB de non inscribir ao Club Ourense Baloncesto (COB) na Liga 2015-2016. “O goberno provincial –afirmou Manuel Baltar- amosa o seu apoio total e incondicional ao COB para litigar e reclamar en calquera instancia ata o final”, ante unha decisión que cualifica inxusta e inxustificada, “un agravio que tenta rachar coas ilusións dun club e dunha afección unidas polo deporte, aínda que seguiremos loitando para acadar o que en verdade e en xustiza merece o COB e todos os afeccionados ao baloncesto da provincia de Ourense, que non é outra cousa que ver ao noso COB xogando na ACB, algo que gañou por méritos propios”.











