A Corporación de Ferrol secunda un minuto de silencio en condena polo crime de Moraña

Minuto de silencio en Ferrol
A Corporación municipal de Ferrol secundou un minuto de silencio para amosar a súa máis enérxica condena polo crime de Moraña e de calquera acto de violencia machista e de xénero, e transmitir as condolencias ás víctimas.
O acto desenvolveuse ás 12:00 horas na praza de Armas, coa participación de representantes de todos os partidos políticos da Corporación, traballadores da administración municipal e cidadáns. Dende o goberno local transmitiuse unha enérxica condena á lacra da violencia de xénero, que neste caso sufriron dúas menores.
O Concello non só quere condenar estes feitos senón tamén tomar parte activa na construción de políticas de igualdade e de prevención, así como de protección da infancia, que implicarán a toda a Corporación, todo o Concello e toda a cidadanía.











