A Concellería de Educación de Ourense dota de 45 novos cursos á Universidade Popular
A Concellería de Educación resolveu seleccionar 127 proxectos formativos para a súa inclusión na Programación 2015-2016 da Universidade Popular, en base á valoración da Comisión Técnica encargada de valorar os proxectos presentados este ano, que foron 454 en total.
Con esta programación, que acada por primeira vez os 127 cursos, está estimado que cheguen aos 3.487 alumnos matriculados. Destes 127 cursos, 45 son de nova creación, abríndose o prazo de preinscripción o vindeiro 1 de outubro.
A Universidade Popular é un dos programas que se poñen en marcha desde a Concellería de Educación xunto con outros como actividades de verán, educación vial ou actividades complementarias, tal e como explica a concelleira Belén Iglesias. “Primeiro redactamos unhas bases para a selección de proxectos, o seguinte será elaborar un Reglamento para a Universidade Popular. O prazo para presentar proxectos finalizou o 10 de xullo. Unha Comisión Técnica valorou cada un dos 452 proxectos dacordo aos criterios establecidos.“Queremos que a Universidade Popular sexa un proxecto dos ourensáns e para os ourensáns”, afirma Belén Iglesias.











