A comedia teatral ‘D.E.P’ enche de risas a casa da cultura de Ordes

Un instante do espectáculo
O público de Ordes continúa a desfrutar do programa estival ‘Unha viaxe pola cultura’ organizado polo Concello de Ordes. Nesta ocasión foi o turno para o teatro coa obra D.E.P, da produtora Malasombra. Unha comedia protagonizada por Jouse García, Patricia Rodríguez e Xoque Carbajal, que fixo rir a todas e todos os asistentes que se deron cita no auditorio da casa da cultura. ‘Unha viaxe pola cultura’ achega durante as tardes de verán todo tipo de espectáculos e de encontros lúdicos para ser desfrutados en familia e, na meirande parte das ocasións, ao aire libre.











