publicidade hoxe

A campaña de reciclaxe de San Xoán foi exemplo dos beneficios da unión entre a Coruña e o consorcio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaA CoruñaBergondo
A-
A+
Entrega de premios

Entrega de premios

O Consorcio As Mariñas e o Concello da Coruña celebraron hoxe o acto de entrega de premios da campaña Ecovidrio organizada conxuntamente na pasada noite de San Xoán. E o futuro de colaboración da cidade coa área estivo tamén presente no acto, celebrado na Casa da auga.

A campaña serviu para reciclar máis de 50.000 envases de vidro, unhas 15 toneladas de botellas de cristal. Foi a primeira vez que levou a cabo na área. En concreto, nas praias de Gandarío, Sada, Mera, San Cristina, Bastiagueiro, e Barrañán.

A vicepresidenta do Consorcio, Alejandra Pérez, agradeceu a iniciativa que apoiaron todos os concellos da comarca e o propio consistorio coruñés. Pérez lembrou que o día de San Juan, na praia de Gandario, houbo decenas de grupos de mozos que participaron na iniciativa mesmo cando se acabaron as bolsas de recollida de botellas de vidro. “Acabáronse as bolsas e aínda así os mozos seguiron levando botellas aos puntos de reciclaxe da praia. Espero que se repita esta iniciativa nos próximos anos e se é posible que se aumente o número de bolsas para a recollida”, apuntou Pérez.

Por outra banda, Alejandra Pérez interveu tras o edil de Cultura da Coruña, Xosé Manuel Sande, e aproveitou para convidar ao seu goberno a unirse á futura mancomunidade: “Non podo deixar pasar esta oportunidade xa que veño en nome do Consorcio. Como se pode ver neste evento cando os concellos únense para facer cousas positivas as cousas funcionan mellor”.

A alcaldesa de Bergondo mostrouse “segura” de que este tipo de accións “fannos a todos reformularnos que coa Coruña dentro todo funcionaría mellor”.

5 de agosto de 2015 | 19:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.