publicidade hoxe

A autoestrada A Coruña-Carballo pecharase ao tráfico en horario nocturno dende o enlace de Sabón ata o Polígono da Grela polas obras de acceso ao Porto Exterior

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaA CoruñaCarballoLocal Portada
A-
A+

A autoestrada A Coruña-Carballo (AG-55) permanecerá pechada ao tráfico na noite de mañá venres 7, desde as 11 da noite ata as seis da mañá, dende o enlace de Sabón, situado no punto quilométrico 8, ata o inicio da autopista no polígono da Grela (no quilómetro 3). Os cortes repetiranse no mesmo horario todas as noites ata o xoves 13 (a excepción da madrugada do domingo ao luns), e tamén na noite do luns 17 ao martes 18 de agosto.

O motivo destas restricións de tráfico é a colocación das 6 vigas que conforman o viaduto que o Ministerio de Fomento está a executar sobre a autopista autonómica AG-55 no marco das obras do Acceso ao Porto Exterior da Coruña, para dar continuidade á variante da estrada autonómica AC-552 no contorno do Quinto Pinto.

O desenvolvemento destes traballos é incompatible co mantemento da circulación coas necesarias garantías de seguridade. Por este motivo, a Xunta de Galicia autorizou ao Ministerio a levar a cabo esta actuación en horario nocturno.

As restricións de tráfico e os desvíos provisionais estarán debidamente sinalizados en todas as estradas afectadas (AG-55, A-6 e AC-551), e anunciados nos paneis de mensaxería variable, xestionados pola Dirección Xeral de Tráfico.

Os usuarios da autoestrada poderán optar por percorridos alternativos en ambas as dúas direccións, circulando polas estradas AC-552 (estrada a Fisterra), AC-415 (estrada de Meicende), ou pola autovía A-6.

6 de agosto de 2015 | 16:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.