A Asociación de Empresarios da Guarda ACIGU Centro Comercial Aberto presenta as pañoletas das Festas do Monte 2015

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+
Pañoletas 2015

Pañoletas 2015

Durante o mes de agosto temos o pracer de gozar das “Festas do Monte Santa Tegra” na localidade da Guarda. Por iso; como vén facendo desde o ano 2000 distribuímos as nosas pañoletas, sendo este ano a cor elixida o “BRANCO”.

As pañoletas  que ano tras ano os nosos visitantes e guardeses reclaman como recordo; para colección, para adorno de escaparates de comercios e para ataviarse durante os días de festa, estan sendo repartidas entre os nosos Asociados e postas a disposición do público na nosa oficina de turismo situada no Porto da Guarda. 

Para iso contamos coa colaboración da Federación de Empresarios e Comerciantes do Baixo Miño e Provincia de Pontevedra (FEBAM Pontevedra), da Federación Galega de Comercio e da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Comercio e da Entidade Financeira La Caixa.

5 de agosto de 2015 | 19:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.