publicidade hoxe

Xuntanza dos portavoces de Cangas a fin de valorar o presente e o futuro da piscina municipal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+
Xuntanza dos portavoces municipais

Xuntanza dos portavoces municipais

Esta mañá tivo lugar na casa do Concello a xunta de portavoces dos partidos que conforman o Goberno xunto co concelleiro de Deportes e Ensino, Xoán Chillón, con motivo da busca de alternativas para evitar o peche da piscina municipal. Á reunión acudiron, representando aos seus respectivos partidos: Mariano Abalo (ACE), Mercedes Giráldez (BNG), Tomás Hermelo (Aspun), Jesús Graña (PP), Alfredo Iglesias (PSOE) e Yolanda Cuadrado (CangasDecide).

Na reunión comentouse, por unha banda, a situación actual económica da piscina, que conta cun contrato de prestación de servizos que remata o 23 de xullo, de case 25.000 euros ao mes, improrrogables e dende o punto de vista económico inasumible nas condicións actuais xa que a creación de créditos non chega a 7.000 euros a día de hoxe. E por outra banda, os grupos políticos valoraron a situación das instalacións e do equipamento actual co fin de propoñer melloras inmediatas (duchas, taquillas, vestiario…), así como da necesidade de ampliar equipamentos e espazos para futuros servizos asociados á propia instalación. Paralelamente se propuxo concretar unha visita ás instalacións da nova corporación municipal cos técnicos co fin de coñecer in situ os recursos e a ampliación destes, así como a valoración dos mesmos.

En canto ao futuro inmediato, o plan de axuste actual impide asumir de forma inmediata a contratación de persoal técnico para municipalizar a xestión. Por outra parte, segundo indica o servizo de intervención, non existe xeración de crédito, polo que a viabilidade da mesma, futura xeración de crédito, debe ir asociado cunha prescrición de futuros abonados e usuarios.

A tal fin, o equipo de goberno valora dar os seguintes pasos nas próximas datas:

– Vense obrigados polas circunstancias indicadas con anterioridade a pechar de forma temporal as instalación no mes de agosto.

– Abrir durante os meses de xullo e agosto unha campaña informativa o máis ampla posible dirixidas á veciñanza en xeral (ANPAS, AAVV, Maiores, clubes deportivos…) comezando por unha primeira charla aos usuarios actuais das instalacións deportivas o vindeiro martes día 7 de xullo ás 20:00h no salón de plenos.

– Aprobar neste período estival o regulamento de uso da piscina.

– Contactar con distintas empresas e organismos a fin de elaborar un emprego de condicións que recolla todas as indicacións de mellora e unha oferta atractiva de servizos a fin de que no mes de setembro se poida reanudar a actividade con maior afluencia de usuarios e sostenibilidade económica.

 

2 de xullo de 2015 | 19:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.