Xunta e Concello de Mos estudan a liña de bus urbano que se integrará no plan de transporte metropolitano de Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+
Ethel Vázquez na reunión coa alcaldesa de Mos

Ethel Vázquez na reunión coa alcaldesa de Mos

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas colaborará co Concello de Mos na posta en marcha dunha liña de autobús urbano, que se integrará no Plan de Transporte Metropolitano de Vigo. Este foi o principal asunto abordado na reunión que mantiveron en Santiago a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, e alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo.

Ethel Vázquez trasladoulle á alcaldesa que a Dirección Xeral de Mobilidade está a ultimar a análise da proposta para a posta en marcha deste servizo e brindou a colaboración técnica necesaria para a súa posta en marcha.

A posta en marcha dunha liña de autobús urbano en Mos implicará importantes beneficios para os veciños, xa que suporá novos descontos para os usuarios do Plan de transporte metropolitano. Así, a Dirección Xeral de Mobilidade e o Concello coordinarán os servizos diarios, as paradas e a información relativa a esta nova de liña de autobús, que permitirá aos veciños de Mos que empreguen o servizo de autobús metropolitano poderán transbordar gratuitamente nesa liña urbana.

A modo de exemplo, grazas a este novo servizo un veciño de Louriño poderá coller un autobús para desprazarse polo municipio de Mos e a continuación tomar a liña interurbana cara Vigo sen aboar máis que os 0,85 euros que lle custará este último traxecto si o aboa coa tarxeta TMG.

Ademais, a nova liña facilitaralles aos veciños de distintos núcleos de Mos o acceso en transporte público ao novo Hospital público de Vigo.

17 de xullo de 2015 | 18:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.