Xulio Ferreiro reúnese ccon representantes do Ateneo Republicano

Ferreiro na reunión cos representantes do Ateneo Republicano
O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, mantivo con representantes do Ateneo Republicano. O rexedor explicou que na xuntanza abordáronse diversos temas relacionados coa actividade do Ateneo. Tamén se falou sobre o plan integral que prepara o Concello para cumprir coa Lei de Memoria Histórica. “Informámoslles das bases do plan que queremos artellar: un proceso participativo, que se levará a cabo sen présa pero sen pausa, e no que poidamos dignificar á memoria, homenaxear ás vítimas, e facer desta una cuestión que involucre a toda a cidade e que, á vez, teña un compoñente pedagóxico”.











